Mañá comezan os XI Encontros para a Normalización Lingüística

Mañá 12 de febreiro comezan en Santiago de Compostela os XI Encontros para a Normalización Lingüística, que se desenvolverán na sede do Consello da Cultura Galega ao longo do xoves e do venres.

Logo da inauguración, ás 10.30 h, o presidente da CTNL e membro da comisión técnica do Centro de Documentación Sociolongüística de Galicia, Nel Vidal Barral, fará o relatorio inicial de Análise da acción de política lingüística desde o Goberno galego nos últimos catro anos e propostas para a vindeira lexislatura, que abrirán estas xornadas de reflexión e mais de debate sobre a planificación lingüística, así como punto de encontro das persoas que traballan no ámbito da normalización do país.

Lois Pérez Castrillo, Pilar López Martínez, Valentín García Gómez, Carlos Antonio Fernández Castro, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Xoán Manuel Sande Muñiz e Alba Nogueira López intervirán tamén durante a primeira xornada.

Pode consultar o programa completo nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio