Durante a estadía nos concellos de San Martín de Trevellu, Valverde du Fresno e As Ellas os alumnos e as alumnas participarán nun encontro con alumnado do IES Val de Xálima. Xuntos implicaranse nun congreso no que diferentes expertos os introducirán no coñecemento do patrimonio lingüístico e cultural deste lugar. Os/as alumnos/as participarán en diversos relatorios, roteiros, concertos e un gran número de actividades encamiñadas á sensibilización na diversidade lingüística e na posta en valor desta como elemento fundamental no diálogo intercultural.
Esta actividade está organizada pola Rede Pea (Plan de Escolas Asociadas) da Unesco, o Concello de Pontevedra, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, o IES Luís Seoane (Pontevedra), o IES Cosme López (A Rúa), o CIP Manuel Padín Truiteiro (Soutomaior) e o IESO Val de Xálima.
A fala no Val das Ellas
Nos concellos de San Martín de Trevellu, Valverde du Fresno e As Ellas aínda se falan maioritariamente tres variedades do antigo galego. A práctica totalidade dos 5.000 habitantes deste recanto noroccidental da actual provincia de Cáceres emprega acotío as variedades denominadas mañego, valverdeiro e lagarteiro. Os tres municipios, cunha extensión conxunta de 256 quilómetros, forman un val que se ten chamado Val do Xálima, do Río Ellas ou Os tres lugaris e atópanse nunha cunca natural perfectamente delimitada e afastada dos territorios de fala castelá por dificultades orográficas. Os estudos dos últimos anos confirman a “galeguidade” innegábel destas falas, que representan, grosso modo, unha maqueta de moitos fenómenos dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos, esparexidos polo noso dominio lingüístico actual.
Nos últimos trinta anos tense producido unha entrada brutal de castelanismos na fala dos máis novos, debido sobre todo á escolarización obrigatoria (en castelán), o incremento de relacións comerciais pola mellora das comunicacións, a administración, a igrexa… Os máis novos son descoñecedores parciais dos traballos e oficios tradicionais, do léxico da flora e da fauna… A escola en castelán varre as peculiaridades lingüísticas das falas autóctonas e uniformiza pouco a pouco en castelán.
O programa das xornadas
Mércores 28 abril de 2010
9.00 h Recepción do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
10.00 h Saída cara ao Val do Ellas
14.00 h Comida en ruta
18.00 h ACTO DE APERTURA. Intervencións de:
– Rufina Moreno Cañizares: Coordinadora Estatal da Rede PEA UNESCO
– José Mª Sánchez Torreño: Coordinador Extremeño da Rede PEA UNESCO.
– Eva María Pérez López: Consejera de Educación da Junta de Extremadura.
19.30 h Concerto didáctico de música tradicional galega e dos Tres Lugaris. (Pablo Carpintero)
21.00 h Cea
Xoves 29 de abril de 2010
8.00 h Roteiro ás ruínas de Salvaleón
15.00 h Chegada a Valverde
17.00 h Exposición de fotografías e proxección do vídeo sobre o Val do Ellas no IESO Val de Xálima
18.00 h Exposición artesanía (téxtil, madeira e cerámica) no Pavillón de deportes de Valverde
19.00 h Visita guiada aos lugares máis representativos do Val das Ellas
20.00 h Traslado a San Martín de Trebellu
20.30 h Cea e Concerto na praza de San Martín
-Sentido Inverso (rock Extremadura)
-Desterra2 (Hardcore Extremadura)
-Leo i Arremecághona (cantautor, rock, punk, teatro, Galiza)
-OTDM. Os Trasnos de Moscoso (hip hop Galiza)
Venres 30 de Abril
8.00 h Almorzo
10.00 h ACTO DE CLAUSURA. Intervencións de:
– María Elena Pérez Sanz: Directora do IESO Val de Xálima
– Domingos Frades: .Representante da Real Academia Galega polo Val do Ellas
– Xosé Henrique Costas: Catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo
12.00 h Despedida e saída para Galiza
FONTE: A Nosa Terra
Máis de 300 estudantes coñecerán a fala nos Tres Lugaris
Máis de 300 rapaces e rapazas de diferentes centros de ensino afondarán no coñecemento da fala dos Tres Lugaris durante as xornadas "Lingua e Diversidade. Val das Ellas, a lingua que nos une", que teñen lugar do 28 ao 30 de abril no Val do Xálima




