Maio: mes da lingua en Pontevedra

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presentou o programa que, baixo a denominación de "Maio, mes da lingua", se vai desenvolver durante o presente mes na cidade do Lerez, e que inclúe numerosas actividades organizadas por diferentes entidades do municipio. O programa está organizado polo Concello de Pontevedra e pola Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL).

Entre as numerosas actividades destaca a programación pensada e realizada en colaboración cos institutos da cidade “Ben veñas, maio” en que a mocidade da cidade participará en diversas disciplinas como música ou teatro, en que traballan ao longo do curso. A actividade remata o día 16 de maio, cun acto no que se entregan os premios das diferentes disciplinas.

Tamén destacan as actividades programadas para celebrar o Día das Letras Galegas co fin de darlle a coñecer a figura de Ramón Piñeiro á cidadanía.

O programa inclúe roteiros culturais, cinema a cargo do Cineclube ou a presentación dun libro coa toponimia do río dos Gafos en que colaboraron veciños e veciñas de Tomeza, do Gorgullón, de Vilaboa… e de todos aqueles lugares que regan as augas do Gafos.

Podes consultar o programa completo de actividades nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio