Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas…, orgullos@s do galego ao 100%
A Coordinadora Galega de ENDL presenta a campaña "Orgullos@s do noso. Orgullos@s do galego" co obxectivo de transmitirlle ao conxunto da sociedade galega un sentimento que debería ser común a tod@s, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva. A campaña conta coa colaboración de caras tan coñecidas como as de Luís Tosar, Antón Reixa, Belén Regueira, Martiño Rivas, Susana Seivane, Carlos Ares, María Castro ou Isabel Risco.
Vídeo Orgullos@s do galego
Vídeo En galego, proba e verás
Web da campaña, con información completa, materiais para descargar, novas, etc.: www.coordinadoraendl.org/orgullo
Grupo no Facebook: Nós tamén estamos orgullos@s do galego