Lonxa de Letras. A literatura en galego tamén nos quioscos

A literatura en galego chega a quioscos de todo o país. Lonxa de Letras é o novo proxecto da Rede Galega de Quioscos para a venda de libros e outros produtos culturais en galego como CDs; ao mesmo tempo que se lles dá emprego a persoas con discapacidade, obxectivo fundamental do grupo Galega de Economía Social, ao que pertence Rede Galega de Quioscos

A Lonxa de Letras física conta cunha versión dixital, www.lonxadeletras.es onde se realizará a venda de libros físicos e dixitais e outros produtos culturais como CDs.

Ambos os dous proxectos irmáns pretenden facilitar o acceso ás creacións culturais galegas, aproveitando a localización privilexiada dos estabelecementos e a amplitude horaria para atención ao público; ademais coa vantaxe engadida da posibilidade de comprar produción literaria en galego, alén das fronteiras administrativas galegas, grazas ao servizo de distribución que se ofrece coa compra a través de lonxadeletras.es, que cobre todo o territorio do estado español e mesmo o portugués.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio