O Concello da Baña publicou no BOP do 24 de xullo de 2025 a convocatoria dun proceso selectivo para crear unha bolsa de contratación de técnico/a de normalización lingüística.
Características da praza
Trátase de crear unha lista para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral temporal do grupo I para a execución dun programa de caracter temporal, A Baña en galego, ao abeiro das axudas para o mentemento, a creación e o reforzo de SNL da Deputación da Coruña. As funcións do posto están recollidas nas bases da convocatoria.
A bolsa de emprego que se constitúa ao abeiro desta convocatoria terá vixencia ata o 31 de decembro de 2025, data ata a que se prevé a cobertura financeira da contratación mediante a subvención concedida pola Deputación da Coruña.
Requisitos de titulación
Grao en lingua galega, licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica (subsección galego-portugués).
Procedemento de selección
O sistema de selección será o concurso-oposición. A oposición constará de dous exercicios:
- Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 100 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas, relacionadas co contido do temario do anexo I das bases. A cualificación máxima deste exercicio é de 40 puntos e será necesario acadar 20 puntos para superalo. O tempo máximo para realizar este exercicio son 120 minutos.
- Segundo exercicio: desenvolver dous temas, un da parte xeral do temario e outro da parte específica. Cada un dos temas escollerase entre tres de cada parte do temario. O exercicio será cualificado de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 10 puntos. O tempo máximo para realizar este exercicio son 120 minutos.
O concurso terá un valor máximo de 40 puntos e nel valoraranse os seguintes aspectos:
- Formación: valorarase cun máximo de 16 puntos.
- Experiencia laboral: valorarase cun máximo de 24 puntos.
Presentación de solicitudes e prazo
As solicitudes de participación seguirán o modelo que figura nos anexos II e III das bases e deberán dirixirse á Alcaldía do Concello da Baña.
O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña, é dicir, do 28 de xullo ao 8 de agosto.
Prazo
Do 28 de xullo ao 8 de agosto (10 días hábiles)
Sistema de selección
Concurso-oposición: proba tipo test, proba teórica e méritos.
Información máis detallada
- Bases da convocatoria publicadas no web do Concello da Baña, en pdf (publicadas o 21 de xullo de 2025)
- Anuncio publicado no BOP da Coruña, en pdf (publicado o 24 de xullo de 2025)




