Lingua vital xa!

Lingua vital xa!, manifestación o 23 de febreiro en Santiago de Compostela

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha gran mobilización o vindeiro Día de Rosalía, 23 de febreiro, en Compostela, baixo o lema Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística.

Como foi anunciado na anterior mobilización do 17 de novembro, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca a percorrer as rúas de Compostela o domingo 23 de febreiro, Día de Rosalía.

Co lema Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística, a cidadanía galega está chamada a ateigar as rúas de Santiago de Compostela desde a Alameda ata a praza do Obradoiro, nunha manifestación que comezará ás 12.00 h. Nesta data sinalada, estamos chamados a transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, co exemplo e inspiración de Rosalía de Castro. Por outra parte, o lema escollido apela á Xeración Xabarín e recorda a icónica serie As bólas máxicas.

Queremos Galego é unha plataforma cidadá conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística forma parte de Queremos Galego desde a súa constitución.

Nas últimas semanas, a plataforma convocou plenarios en cidades vilas e comarcas co fin de impulsar o traballo colectivo en prol da lingua.

Información máis detallada:

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio