Lingua e futuro, propostas para preservar o galego como lingua propia

Diversas autoras e autores coordinadas/os por Goretti Sanmartín ofrecen alternativas á situación da lingua galega no libro Lingua e futuro, unha publicación de Laiovento que ofrece discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade de preservar o galego como lingua propia e principal

Lingua de futuro recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas á situación da lingua galega. Mergullándose na complixidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores ofrecen discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal, como de denunciar o asasinato das linguas como unha ferramenta máis de opresión e dominación.

Na obra participan:

-Manuel Núñez Singala

-Sabela Rivas

-Xosé Manuel Beiras

-Iolanda Galanes

-Narciso de Gabriel

-M.ª Pilar García Negro

-Filipe Díaz

-Mariló Candedo

-Carlos Amoedo

-Valentina Formoso

-Xosé Ramón Freixeiro Mato

-Goretti Sanmartín (coordinadora)

Lingua de futuro

Laiovento 2010

276 páxinas

ISBN: 978-84-8487-181-9

Prezo: 19 euros
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio