Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos

O concurso Lingua de namorar consiste en enviar unha mensaxe de amor, dun máximo de 350 caracteres, que poderá redactarse en prosa ou en verso. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

O prazo para enviar as mensaxes permanecerá aberto ata o 17 de maio.

Do 18 ao 25 de maio abrirase un prazo para que os usuarios e usuarias voten polas súas mensaxes favoritas. Cada usuario/a poderá votar por un máximo de tres mensaxes en cada unha das categorías de idade.

Establécense dúas categorías de idade:

-Categoría A: de 14 a 19 anos

-Categoría B: de 20 a 35 anos



As mensaxes gañadoras recibirán os seguintes premios:

– Categoría A:

1º Un computador netbook

2º Unha consola Wii

3º Unha cámara de fotos dixital

– Categoría B:

1º Un iPad

2º Un libro electrónico cunha selección de títulos en galego

3º Unha cámara de fotos dixital



O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as mensaxes gañadoras de entre as 100 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 30 de maio.

Web do concurso Lingua de namorar >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio