O acto que se celebrará o 14 de novembro será conducido por Cándido Pazó e incluirá dous bloques de intervencións. Comezarán o secretario xeral de UXT-Galicia, José Antonio Gómez, e o secretario xeral de CCOO-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión. A continuación, participarán persoas de diversos sectores sociais como o ex xerente do CHUAC, José García Buitrón, o director do Arquivo da Fundación 10 de Marzo, Vítor Santidrian, a actriz Tamara Canosa, a neuróloga Marisol López Facal, os avogados Mariluz Canal e Afonso Álvarez ou o director do instituto Xelmirez I, Manuel Mejuto. Tamén estarán a ex conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, ou o catedrático Fermín Bouza. A actuación musical de Roi Casal pechará o ao que asistirán, entre outras persoas, Isaac Díaz Pardo, Camilo Nogueira, Xesús Alonso Montero, Antón Reixa, ou membros da RAG como Ramón Lorenzo ou Vítor Freixanes.
Desde colectivo Galego Patrimonio da Humanidade pídenlle á Xunta que non se dean pasos atrás no proceso de normalización da lingua galega.
Lingua de liberdade. Acto público a prol do galego o sábado 14 de novembro
O colectivo Galego Patrimonio da Humanidade convoca "Lingua de liberdade", un acto cívico a prol da lingua galega que terá lugar o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12.00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. No acto intervirán representantes de diversos ámbitos da sociedade galega.