Lingua de calidade, novo libro de Xosé Ramón Freixeiro Mato sobre a calidade lingüística

A editorial Xerais acaba de publicar "Lingua de calidade", un libro do profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato no que pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade

Lingua de calidade do profesor e ex director do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro.

Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.

17,1 x 24 cm

184 páxinas

ISBN: 978-84-9782-835-2

Xerais, xaneiro 2010

Prezo: 18 €
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio