Lingua de Amor 2009

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convoca a terceira edición do seu concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os/as máis novos/as en espazos de comunicación habituais para eles/as, como son os correos electrónicos, foros ou chats.

O concurso está divido en dúas categorías: mensaxes e cancións. O prazo permanecerá aberto até o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

Os premios divídense do xeito seguinte:

DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE

Categoría A (de 14 a 19 anos):

1.º Un ordenador portátil

2.º Unha videoconsola PlayStation3

3.º Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas

2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas

3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todas as persoas premiadas recibirán un lote de libros en galego



CANCIÓNS DE AMOR EN LINGUA GALEGA

1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

Podes consultar as bases nesta ligazón
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio