IX Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña publicou no BOP de hoxe a convocatoria da novena edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.



O Premio “Rosalía de Castro” de promoción da lingua galega está destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico, quer na provincia, quer no ámbito galego. Terase especialmente en conta o traballo con aqueles sectores de especial relevancia para o futuro do galego.

DESTINATARIAS/OS

Calquera persoa, colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos de promoción do galego, coa súa residencia ou sede social no territorio galego e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña.

CATEGORÍAS

Establécense dúas categorías con cadanseu premio de 3.000 euros:

A) Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2018 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que máis destaque na promoción da lingua galega

B) Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2018 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade

CRITERIOS QUE SE VALORAN

– Tarefa continuada desenvolvida a favor da promoción da lingua galega

– Actuacións concretas (previstas ou desenvolvidas) no ano 2018 a favor da dignificación social do galego

– Uso habitual e digno da nosa lingua nas súas actividades e nos seus servizos

– Campañas de información e/ou publicitarias en galego

– Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural

Para a categoría B) teranse en conta tamén:

– Labor dirixido especialmente aos tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade

– Traballo de promoción da lingua desde a perspectiva da transmisión xeracional

– Actuacións que teñan como obxectivo o fomento de actividades interxeracionais

O xurado poderá valorar outros méritos, que dará a coñecer, das persoas, colectivos ou entidades que se propoñan.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Pode presentar propostas calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Até o 30 de xuño de 2018

COMO E ONDE SE PRESENTAN?

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, avda. do Porto 2, 15006 A Coruña (usando o modelo de solicitude anexo ás bases e indicando no sobre IX Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2018) ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dacoruna.gal

Bases completas, en .pdf

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio