IV Xornadas de normalización da lingua e a cultura na educación na Coruña

A Facultade de Ciencias de Educación da Coruña acolle as IV Xornadas sobre normalización da lingua e a cultura no ámbito da educación, que terán lugar os días 7, 8, 14 e 15 de novembro e que se centrarán na dinamización a través da lectura

Un ano máis, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organiza as IV Xornadas de normalización da lingua e a cultura, este ano co título “Tour de lecturas o oeste”.

A participación nestes xornadas é de balde e hai un total de 75 prazas, por orde de inscrición.

DÍAS: 7, 8, 14 e 15 de novembro

LUGAR: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña

A inscrición debe facerse no Decanato da Facultade

PROGRAMA

7 de novembro

9.30 h Acto inaugural

10.00 h Ler para vivir, Manuel Bragado

11.15 h Pausa

11.45 h A memoria como fermento, Héctor Pose, Manuel Pérez Rúa e Marga do Val

13.15 h Políticas lingüísticas e culturais na Europa do século XXI, Ana Miranda

8 de novembro

16.30 h Xestionando a lectura pública, Catuxa Seoane, Marcos Lorenzo, Cristina Novoa e Albino Alonso

18.00 h Pausa

18.15 h Conversan… Manuel Rivas e Miguelanxo Prado

19.30 Lois Pereiro, Marcos Calveiro

20.30 Espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao

14 de novembro

16.30 h Entrar no galego… tamén a través da lectura, Belén Regueira e Goretti Sanmartín

18.00 h Conversan… Xulio López Valcarcel e Inma López Silva

19.00 h Obradoiro de poesía, Dores Tembrás

20.15 h Proxección do documental Memoria da lingua, As Candongas do Quirombo

15 de novembro

9.30 h Iniciativas empresariais ao redor do libro, Iria Sobrino, Begoña Varela, Manel Cráneo e Antón Lado

11.00 h Lendo e dinamizando desde os concellos: propostas e experiencias, Nel Vidal, Ana Seoane e Roberto Rivas.

12.30 h A memoria do rural. Exposición 50 anos de Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas

13.30 h A lingua e o rural, X. L. Rivas Cruz

Programa completo en .pdf>
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio