IV Seminarios de Dinamización Lingüística no ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa veñen de convocar os IV seminarios de dinamización lingüística que se realizarán en dúas quendas: unha primeira nas cidades da Coruña (IES Rafael Dieste), Lugo (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), Ourense (IES Universidade Laboral) e Vigo (IES Alexandre Bóveda) os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de abril, e unha segunda en Pontevedra, Santiago e Ferrol os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de maio.

Os obxectivos destes IV seminarios son comprender a importancia dunha planificación lingüística axeitada para acadar a competencia nas dúas linguas oficiais; crear un espazo de referencia para a divulgación de estratexias, ferramentas e recursos para os ENDL; e dar a coñecer experiencias viables e realistas que se están a desenvolver nos centros de ensino.

O prazo para se matricular para a primeira quenda remata o 13 de abril e pode facerse a través da ferramenta da Consellaría de Educación para a formación do profesorado (www.edu.xunta.es/fprof)

O número de prazas dispoñibles para asistir é de 50 e terán preferencia os coordinadores e coordinadoras de ENDL; en caso de ficaren prazas libres accederá a estas todo o profesorado que o solicitar dentro do prazo até cubrir as 50 prazas.

Podes consultar o programa da edición da Coruña nesta presentación ou descargalo no documento anexo:

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio