IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

Carballo. Mércores 20 de outubro de 2010

Programa completo en .pdf >

TEMAS QUE SE TRATARÁN

  • Propostas e posibilidades de acción conxunta a prol da lingua entre os diferentes concellos dunha comarca
  • A procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociación desde os concellos
  • O papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención

DATA

  • Mércores 20 de outubro de 2010

LUGAR

  • Pazo da Cultura. Rúa do Pan s/n. Carballo

PARTICIPACIÓN

  • Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as, técnicos/as de normalización lingüística, representantes de entidades implicadas no proceso de normalización da lingua (institucións, asociacións, empresas…), etc.
  • Para poder participar é necesario confirmar a asistencia até o 13 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 ext. 4630 ou 4631; ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es

OBXECTIVOS DO ENCONTRO

  • Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística
  • Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego
  • Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local
  • Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións

PROGRAMA

9.30 h Recepción de participantes

10.00 h Inauguración

  • Evencio Ferrero Rodríguez

    Alcalde de Carballo

  • Xoán Manuel Sande

    Deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

  • Nel Vidal Barral

    Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

10.30 h Debate

A normalización lingüística no ámbito comarcal

  • José Luís Fondo Aguiar

    Alcalde de Ponteceso (PP)

  • José Ramón Varela Rey

    Alcalde de Malpica de Bergantiños (PSdeG-PSOE)

  • Manuel Muíño Espasandín

    Alcalde de Zas (BNG)

  • Conduce o debate: Comba Campoy, xornalista

12.00 h Café conxunto

12.30 h Presentación

Proposta de acción conxunta entre os servizos de normalización lingüística de Bergantiños-Soneira

  • Técnicos/as de normalización lingüística dos concellos de Bergantiños e Soneira

13.15 h Mesa de traballo

A procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociacións desde os concellos

  • Pepe Blanco Alborés

    Experiencias de implicación de asociacións no Concello de Zas

  • Luís Bará Torres

    A xestación da Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)

  • Carlos M. Callón Torres

    Abertos ao galego. Como implicar as empresas

14.30 h Xantar conxunto

16.30 h Encontro

O papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención

  • Luísa V. Segade

    IES Agra de Leborís da Laracha

  • Mercedes Queixas Zas

    CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco

18.00 h Actuación

Disputa regueifeira de resumo e conclusións do encontro

  • Luís O’Caruncho e Bieito Lobariñas

Programa completo en .pdf >

Promove

Unidade Técnica de Normalización Lingüística

Organiza e xestiona

Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Colaboran

-Concello de Cabana de Bergantiños

-Concello de Carballo

-Concello de Malpica de Bergantiños

-Concello de Ponteceso

-Concello de Zas

-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio