DÍAS: 15, 16 e 17 de xullo
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
DURACIÓN: 25 horas
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: até o 27 de xuño
O prezo xeral de participación no curso é de 50 euros, mentres que para socias e socios da CTNL é de 30 euros.
Toda a información sobre o curso no apartado de Convocatorias de cursos.
IV Curso de verán Traballando en lingua: Novas tecnoloxías e dinamización lingüística
Xa está aberto o prazo de preinscrición para a IV Curso de verán sobre dinamización lingüística que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Carballo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo, a Cooperativa Tagen Ata e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O tema desta edición é o das novas tecnoloxías aplicadas á dinamización lingüística: os novos contextos da sociedade do coñecemento e do multilingüismo.