PROGRAMA
Martes 15/07/2008
10.00 h Recepción e entrega de documentación
10.30 h Almorzo conxunto – inauguración do curso
-Luis Caparrós Esperante, vicerreitor de Cultura e Comunicación
-Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado provincial, presidente da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística
-Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde do Concello de Carballo
-Xosé Ramón Freixeiro Mato, director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
-Nel Vidal Barral, presidente da CTNL (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua)
11.00 h Conferencia inaugural:
Helena Veiguela Martínez, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
A alfabetización tecnolóxica e o alcance das TIC en Galiza. As TIC e os retos da normalización e do multilingüismo
12.30 h Fernanda Jaramillo, responsable da Rede Dinamización da Junta de Extremadura e directora do Proyecto de Alfabetización Tecnológica
Bases de alfabetización tecnolóxica e achegamento á realidade cultural
Rubén Mancera, coordinador do Plan de Alfabetización Tecnológica y Software Libre de
Extremadura
14.00 h Xantar (conxunto)
16.30 h Oportunidades que ofrece o Software libre
Roberto Brenlla, representante de Agnix, comunidade de software libre
O punto de vista asociativo
Javier Vázquez, representante de Igalia, empresa dedicada ao desenvolvemento de software libre
O sistema libre do punto de vista empresarial
Cristina Gomis Parada (Tagen Ata)
Perspectiva desde a lingua e o software libre
18.00 h Espazos para o galego: recursos, cursos en liña etc.
Manuel Pan Collazo, xerente de Abertal, empresa de servizos en internet
A blogoteca: o galego tira do galego
Carme Paz Diéguez (Tagen Ata):
Ferramentas e recursos pedagóxicos para o galego. Ensino en liña
Camilo Regueiro López, socio de Dimensiona, empresa autora do Traduza-g
Empresas en lingua e novas tecnoloxías
Mércores 16/07/2008
10.00 h Toni Martí, profesora da Universidade de Barcelona e directora do CLiC (Centre de Llenguatge i Computació)
Tecnoloxías lingüísticas para o galego. Introdución á enxeñaría lingüística
11.45 h Pausa-café
12.15 h José Ramón Pichel Campos, director da área de tecnoloxía lingüística de Imaxin Software
Aproximación ás ferramentas de enxeñaría lingüística para a naturalización do idioma galego
14.00 h Xantar (conxunto)
16.00 h O software libre como porta aberta para a normalización lingüística
Miguel Blanco, representante de Proxecto Trasno, empresa dedicada á adaptación da lingua galega no sistema do software libre
A comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego
Suso Baleato, coordinador de Mancomun.org
Software en galego para o mundo da empresa
Carmen Suárez Nieto, Rede de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria
A Rede de Dinamización
José Ramón Pichel Campos (Imaxin Software)
OpenTrad. Tradutor en software libre
18.30 h Nieves R. Brisaboa, catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade da Coruña e directora do Laboratorio de Bases de Datos
Software para a normalización do galego no ensino
Xoves 17/07/2008
10.00 h Manuel Gago, director de Cultura Galega.org, portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Contidos dixitais en galego
11.45 h Pausa-café
12.15 h Carme Paz Diéguez (Tagen Ata)
Iniciativa de intervención nas asociación. A divulgación das TIC na sociedade galega
14.00 h Xantar (conxunto)
16.30 h Recursos culturais e pedagóxicos en rede
Xoán Costa Casas, presidente da AS-PG
Henrique Quintáns Míguez, xefe do Servizo do Libro e Bibliotecas da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia
Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais
Camilo Regueiro López, representante de Punto Gal
18.00 h Conferencia de clausura
Xavier Gómez Guinovart, profesor da Universidade de Vigo e director do Seminario de Lingüística Informática
As tecnoloxías da linguaxe na normalización e dinamización lingüística
19.30 h Pradolongo: A proxección de contidos artístico-culturais en galego
Director: Ignacio Vilar
Actores: Roberto Porto (Armando)
Rubén Ríos (Martiño)
Tamara Canosa (Raquel)
22.30 h Pradolongo: Proxección do filme na Praza do Concello de Carballo
A folla de preinscrición, que se publicará xunto coa convocatoria do curso e na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da UDC (www.udc.es/snl), terá que se entregar nese servizo antes do 27 de xuño de 2008. A relación de persoas admitidas publicarase na páxina web do SNL. Poderán formalizar definitivamente a matrícula até as 14.00 h do 9 de xullo, tras pagaren a cantidade correspondente a través do formulario que se lles facilitará no Servizo de Normalización Lingüística e na páxina web www.udc.es/snl O xustificante de pagamento deberá ser entregado neste servizo antes do día 11 de xullo.
O máximo de persoas que poderán participar é de 50.
IV Curso de verán Traballando en Lingua: novas tecnoloxías e dinamización lingüística
ORGANIZA
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
COLABORAN
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Cooperativa Tagen Ata
DÍAS: 15, 16 e 17 de xullo
LUGAR: Pazo da Cultura de Carballo
DURACIÓN: 25 horas
PRAZO DE PREINSCRICIÓN: até o 27 de xuño, no SNL da UdC
O prezo xeral de participación no curso é de 50 euros, mentres que para socias e socios da CTNL é de 30 euros.
RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS
IMPRESO DE PAGAMENTO (.pdf)