A páxina web, accesíbel a través do enderezo www.maisinternetmaisgalego.org, parte co obxectivo de informar sobre o autor homenaxeado este ano no 17 de maio, Ramón Piñeiro, e tamén sobre todas as actividades que se desenvolvan para difundir e normalizar a nosa lingua, tanto no día a día como a través dos novos medios de comunicación e información que nos brinda a rede de redes.
+internet+galego+futuro abre a súa páxina para este 2009
A Consellaría de Economía e Industria vén de abrir a súa páxina na rede para celebrar conxuntamente o Día das Letras e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.