Informe da CTNL sobre a creación da Rede de Dinamización Lingüística

Ante a creación da Rede de Dinamización Lingüística por parte da Xunta, a CTNL elaborou un informe no que se detectan numerosos problemas e incoherencias no proxecto e no que se fan propostas para que esa Rede poida ser minimamente efectiva

Descarga aquí o informe completo da CTNL sobre a creación da Rede de Dinamización Lingüística (.pdf, 285 KB) >

Os principais problemas detectados no proxecto son:
  • A figura da rede non é a mellor fórmula


  • Non ten sentido crear unha rede para coordinar o traballo en dinamización lingüística sen unidades técnicas que desenvolvan ese traballo


  • Para crear unha rede cumpriría estabilizar os poucos servizos de normalización existentes e crear outros novos, algo que non se fai


  • Aos concellos non se lles pide ningunha condición mínima, nin sequera o uso do galego e o compromiso coa súa promoción


  • Confúndese a finalidade cos medios. A dinamización non pode ser un fin, senón que ten que ser un medio para acadar a normalización


  • Os concellos poden estar representados na Rede por técnicos/as sen ningún coñecemento nin competencia en normalización lingüística


  • Nin a Dirección Xeral de Administración Local, nin a Fegamp, nin outras entidades con competencias en normalización lingüística están formalmente representadas


  • O excesivo control da SXPL sobre os órganos da Rede permítelle tomar as decisións que queira en nome de todos


  • Carencia total de recursos económicos e humanos para a Rede ao mesmo tempo que un drástico recorte orzamentario para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística


  • Os retrocesos lingüísticos en distintos ámbitos e o clima social desfavorábel ao proceso de normalización lingüística impulsados desde o propio goberno dificultan o proxecto


  • Unha orde de creación chea de contradicións


Ante estes problemas, as conclusións xerais e propostas da CTNL para unha Rede minimamente válida son:

Desde a CTNL consideramos que esta Rede de Dinamización Lingüística non é unha ferramenta útil para mellorar o proceso de normalización da lingua galega. Mais –aínda que consideramos que sería necesario constituír un consorcio interadministratio para coordinar a planificación lingüística e corresponsabilizar as distintas administracións para acadar o obxectivo da normalización lingüística–, cremos que esta Rede podería chegar a ser un ferramenta minimamente válida se se desen as seguintes condicións:
  • A Rede tería que ser unha ferramenta de traballo horizontal real entre os servizos de normalización lingüística (SNL), para o que, previamente, desde a Xunta teríase que fomentar de xeito decidido, e cos recursos necesarios, a estabilización dos SNL existentes e a creación doutros novos, preferentemente con equipos técnicos multidisciplinares e de ámbito comarcal.


  • Aos concellos que quixesen formar parte da Rede deberíaselles pedir unha serie de condicións lóxicas mínimas, como, por exemplo, contar cun SNL propio ou compartido; comprometerse formalmente a cumprir cos obxectivos e a desenvolver as accións sinaladas no Plan xeral de normalización da lingua galega; contar, no prazo de dous anos, cunha ordenanza ou regulamento de impulso do uso do galego; desenvolver programas que teñan por obxectivo o incremento do uso e prestixio da lingua galega; etc.


  • Non se poden confundir os medios cos obxectivos, e tense que ter claro que a dinamización lingüística é un dos medios para acadar o obxectivo da normalización lingüística.


  • A Rede debería ser un proxecto inclusivo que contase con todas as entidades que ten que contar, e a Secretaría Xeral de Política Lingüística non pode ter un excesivo control sobre todos os órganos, e menos tomando as decisións en nome dos demais.


  • Ten que estar dotada cos recursos económicos e humanos necesarios.


  • Debe mudar totalmente a actitude da Xunta con respecto á lingua e teñen que cesar os pasos atrás no proceso de normalización lingüística desde a Administración autonómica.


Descarga aquí o informe completo da CTNL sobre a creación da Rede de Dinamización Lingüística (.pdf, 285 KB) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio