Informe contra todas as mentiras: especial de lingua no número 132 de Tempos Novos

O número 132 da revista Tempos Novos, correspondente ao mes de maio, inclúe nas súas páxinas centrais "un extenso informe contra todas as mentiras e ruídos mediáticos que fixeron esquecer unha situación sociolingüística aínda determinada pola diglosia".

Para iso, publica unha reportaxe na que se lle toma o pulso sociolingüístico á administración, aos medios de comunicación, ao ensino, á investigación académica, ás novas tecnoloxías, etc., “para descubrir a discriminación cotiá só dunha lingua, tan galega coma o galego”.

Na nova páxina web desta revista (www.temposdixital.com) pódese consultar un adianto sobre a necesidade da lexislación lingüística: Normalización lingüística sen normas.

Ademais, na súa hemeroteca ofrecen o debate Lingua e conflito, publicado no número 70 (marzo de 2003), e no que participaron Carlos Manuel Callón (presidente da Mesa), Xosé Ramón Freixeiro (profesor da Universidade da Coruña), Henrique Monteagudo (profesor da Universidade de Santiago de Compostela) e Manuel González (filólogo e membro, naquela altura, da comisión técnica para a elaboración do Plan xeral de normalización da lingua galega).
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio