III Xornadas de toponimia en Pontevedra: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas

O Concello de Pontevedra organiza as III Xornadas de toponimia: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas. Estas xornadas dirixidas a docentes, entidades sociais e culturais e a outras persoas interesadas terán lugar en Pontevedra os días 17, 19, 24, 25, 27 de xaneiro e 1 e 3 de febreiro de 2011

III Xornadas de Toponimia

Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas


O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, xunto co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Luís Seoane, organiza as III Xornadas de Toponimia: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas. Esta actividade está dirixida a docentes de primaria e secundaria, entidades sociais e culturais (comunidades de montes, confrarías, asociacións veciñais, culturais…) e a outras persoas interesadas no tema.

Dentro da programación de actividades de dinamización para a normalización lingüística, con este curso quérese dar a coñecer a riqueza da toponimia galega para contribuír ao recoñecemento do seu valor como patrimonio cultural e sinal de identidade; sensibilizar sobre a importancia do estudo, recolleita, conservación e transmisión dos nomes de lugar; realizar un achegamento ás técnicas de estudo, investigación e recolleita dos nomes de lugar e ao aproveitamento didáctico do estudo dos nosos nomes de lugar.

PROGRAMA

17, 19 e 24 de xaneiro, de 17.30 h a 20.30 h: Introdución, características da toponimia galega, estudo e clasificación da toponimia: orixe, significado. Gonzalo Navaza. 17, 19 e 24 de xaneiro

25, 27 e 29 de xaneiro, de 17.30 h a 20.30 h: Talasonimia. Os nomes do mar. Xosé Lois Vilar

1 e 3 de febreiro, de 17.30 h a 19.30 h: Didáctica da toponimia. Xulia Marqués.

LUGAR

Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

O día 29 terá lugar unha saída de campo, que será en Monteferro (Nigrán) e na Serra da Groba. Sairase desde Pontevedra ás 9.45 horas.

Para a saída de campo cómpre inscrición específica a través do formulario que se entregará durante as xornadas. O Concello de Pontevedra facilitará o transporte.

INSCRICIÓN

De balde. As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse por orde de solicitude, ata o remate das prazas, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra

-Rúa do Arcebispo Malvar 1. Pontevedra

-Fax: 986 851 800

-Enderezo-e: normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio