III Xornadas de Normalización Lingüística da CIG-Ensino e a AS-PG

A CIG-Ensino e a AS-PG organizan a terceira edición das súas Xornadas de Normalización Lingüística, nesta ocasión co subtítulo O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino. A xornada terá lugar o sábado 21 de xaneiro no IES As Fontiñas de Compostela e a inscrición é gratuíta.



O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino é o fío condutor das III Xornadas de Normalización Lingüística, que organizan conxuntamente a CIG-Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

CANDO? ONDE?

Esta actividade formativa terá lugar o sábado 21 de xaneiro de 2023, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h, no IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN

A inscrición nesta xornada é gratuíta e pode facerse a través deste formulario.

PROGRAMA

10:00-11:00 h: A Iniciativa Xabarín: audiovisual en galego para a mocidade, con Celia Armas García, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística

11:00-12:00 h: A lingua no audiovisual. Un modelo para as aulas?, con Magdalena Sánchez e Lucía Doval, tradutoras de dobraxe e subtítulos da serie O Señor dos Aneis: Os aneis de poder

12:30-14:00 h: A pluralidade lingüística nas plataformas de TV: avances e limites, mesa redonda con Marcos Maceira Eiras (A Mesa), Paul Bilbao Sarria (Euskalgintzare Kontseilua) e Francesc Marco Palau (Plataforma per la Llengua).

14:00-16:00 h: pausa para o xantar

16:00 h: Experiencias normalizadoras no audiovisual aplicables ao ensino:

Concurso de Curtametraxes da AS-PG, Anxa G. Refoxo

Youtubeir@s, Carme Pereiro e Mónica Fernández, coordinadoras do programa

Olloboi, Sara Hermo, colaboradora do proxecto.

18:00 h: Obradoiro de creación audiovisual nas aulas, con Alexandra Pacheco, profesora de lingua e literatura galega e xornalista, impulsora do proxecto Xelminovas.

19:00 h: Obradoiro de dobraxe nas aulas, con Andrés Bellas, membro de APRADOGA (Asociación Profesional de Actores e Actrices da Rama da Dobraxe de Galicia).

Programa completo en .pdf

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio