III Xornadas de Educación e Linguas, 25 e 26 de novembro en Compostela

Os días 25 e 26 de novembro de 2011, a Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela acolle as III Xornadas de Educación e Linguas en Galicia, organizadas pola Comisión de Normalización da Facultade e mais polo SNL, e que se centrarán no imaxinario social sobre o galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística da USC organizan as III Xornadas “Educación e Linguas en Galicia. O imaxinario social sobre o galego”.

DÍA: venres 25 e sábado 26 de novembro

LUGAR: Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Sur), de Santiago de Compostela

MATRÍCULA: de balde, do 20 de outubro ao 20 de novembro, aquí

PROGRAMA

Venres 25 de novembro

9:00 – 9:30 Recepción e recollida de documentación

9:30 – 9:45 Inauguración

9:45 – 11:00 Manuel C. Núñez Singala (director do SNL da USC): Simplificacións sobre a lingua galega (conferencia)

11:30 – 14:00 Grupos de traballo en paralelo (máximo de 25 participantes)

16:00 – 18:00 En galego, sen complexos (I) (táboa redonda)

-Valentina Formoso Gosende (CENDL): A experiencia dos ENDL

-Carolina Díaz, SNL (Concello de Vigo): A experiencia do Concello de Vigo en integración lingüística da inmigración

-Malú Bergantiños Pascual (responsable de comunicación de R): A experiencia de R

-Duarte Crestar Pena (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia): Coa educación social na lingua

18:00 – 18:30 Conclusións dos grupos de traballo

19:00 – 21:00 Grupo de teatro da Facultade

Sábado, 26 de novembro

09:30 – 11:00 Ser plurilingüe: sumar, non restar (conferencia): Artur Noguerol (Universitat Autónoma de Barcelona) e Rosa Maria Ramírez Palau (Escola Vila Olímpica de Barcelona)

11:30 – 13:30 En galego, sen complexos (II) (táboa redonda)

-Belén Regueira (xornalista)

-Xurxo Souto (cantante, escritor e locutor)

-Jorge Mira (catedrático de Física na USC, divulgador científico)

-Javier Gómez Noya (triatleta, campión do mundo en 2008)

13:30 – 14:00 Conclusións

14:00 – 14:30 Clausura e recollida de diplomas

Info completa >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio