III xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a terceira edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”, que terá lugar o mércores 18 de novembro e que tentará achegar novos puntos de vista acerca do proceso normalizador da lingua galega na xustiza.

o obxectivo principal desta edición será o de reflexionar acerca do proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza. Para iso a xornada contará coa participación de destacados profesionais e especialistas dos eidos xurídico e lingüístico que achegarán as súas experiencias e puntos de vista sobre o uso do galego no exercicio xurídico.

A xornada Xustiza e Lingua será abordada dende catro ámbitos diferentes pero á vez complementarios:

Ámbito institucional:

– “Bilingüismo e liberdade lingüística no ámbito da Administración de Xustiza”

Relator: D. Xesús Palmou Lorenzo, avogado non exercente, conselleiro do Consello de Contas de Galicia e ex conselleiro de Xustiza.

Ámbito da avogacía:

– “Experiencias do uso da lingua galega no eido xurídico: problemas e perspectivas”

Relator: D. Xoaquín Monteagudo Romero, avogado (colex. 921 do CA de Santiago) e presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Ámbito da xudicatura:

– “O galego na Administración de Xustiza: marco normativo e realidade práctica”

Relatora: D.ª Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada do Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela

Ámbito lingüístico:

– “A terminoloxía na normalización do galego na xustiza”

Relator: D. Manuel González González, catedrático de Filoloxía da USC e secretario da Real Academia Galega

Para se inscribir nesta xornada, cómpre cubrir este documento e envialo por correo electrónico a linguista@icasantiago.org
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio