Os días 1, 2, 3, 7, 8 e 9 de outubro 2008 terán lugar os seminarios en Ferrol, Pontevedra e Ourense.
Os días 25, 26 e 27 de novembro e 2, 3 e 4 de decembro terán lugar en Santiago, A Coruña, Lugo e Vigo.
Nos seminarios trataranse diversos aspectos, como a elaboración do proxecto lingüístico de centro, modelos de planificación lingüística nos centros de ensino, obradoiros de planificación, experiencias de coordinación, experiencias prácticas de dinamización, etc.
O persoal dos centros de ensino pode facer a inscrición a través do sistema de xestión da formación do profesorado, do portal da Consellaría de Educación.
O prazo de inscrición para os seminarios de outubro remata o 25 de setembro, mentres que para os seminarios de novembro-decembro remata o 14 de novembro.
Programas completos en .pdf:
– Ferrol
– Pontevedra
– Ourense
– Santiago de Compostela
– A Coruña
– Lugo
– Vigo
III Seminario de dinamización lingüística no ensino
As sete cidades galegas acollerán cadansúa edición do III Seminario de dinamización lingüística no ensino, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria durante os meses de outubro, novembro e decembro dirixido aos ENDL dos centros educativos galegos.