III Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos da UdC

A Universidade da Coruña convoca o III Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos, certame dirixido a todo o estudantado da UdC co obxectivo de contribuír á dinamización, difusión e uso da lingua galega en contextos científicotécnicos. O prazo de presentación de traballos está aberto até o 4 de xuño

A CNL da Facultade de Filoloxía, en colaboración co SNL da UdC, organiza a terceira edición do Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos.

O certame está aberto á participación de todo o estudantado da UdC.

A data límite de recepción dos traballos é o 4 de xuño

Hai dúas modalidades:

-Tradución directa do francés ou inglés ao galego

-Tradución inversa do galego ao francés ou inglés

O certame está dotado con cadanseu premio de 250 € para cada unha das combinacións posíbeis e posibilidade de cadanseu accésit de 100 €.

Bases (.pdf) e información completa do certame >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio