III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

A Deputación da Coruña, coa organización e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), promove o III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, que terá lugar o 21 de outubro no Pazo de Mariñán, en Bergondo.

[Programa completo en .pdf (1,44 MB)]

OBXECTIVOS DO ENCONTRO

  • Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística


  • Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego


  • Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local


  • Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións


TEMAS QUE SE TRATARÁN

  • Política lingüística en concellos rurais de maioría galegofalante


  • Colaboración e coordinación entre os SNL locais e a SXPL da Xunta de Galicia. A rede de dinamización lingüística


  • Propostas e posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións entre a deputación e os concellos da provincia


  • 25 aniversario da Declaración de alcaldes de Compostela


  • Un exemplo de proxecto de planificación lingüística. O modelo Burela


PARTICIPACIÓN

Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas dos concellos da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas…)

É necesario confirmar a asistencia até o 15 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 extensión 4340 e 4361, ou no enderezo electrónico normalizacion.lingüística@dicoruna.es.

DATA

Mércores 21 de outubro de 2009

LUGAR

Pazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n, Bergondo).

PROGRAMA DO ENCONTRO

10.00 h: Recepción de participantes

10.15 h. Inauguración do encontro

-Nel Vidal Barral, presidente da CTNL

-Xoán Manuel Sande, deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

10.30 h. Concellos rurais de maioría galegofalante. Que cómpre facer polo galego?

-José Muíño Domínguez, alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños [+]

-Andrés Feal Varela, alcalde de Monfero [+]

-Manuela García Freire, alcaldesa de Vilsantar [+]

-Conduce o debate: Xosé Manuel Pereiro, xornalista [+]

12.00 h. Pausa e café compartido

12.30 h. Colaboración entre os servizos de normalización lingüística locais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A rede de dinamización lingüística

– Anxo M. Lorenzo Suarez, secretario xeral de Política Lingüística

13.30 h. Proposta e posibilidades de desenvolvemento conxunto de accións de normalización lingüística entre a Deputación e os concellos da provincia

– Deputación da Coruña

– Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística

14.30 h. Xantar conxunto

16.30 h. 25 anos da Declaración de alcaldes de Compostela de 1984

-Xerardo Estévez, alcalde do Concello de Santiago de Compostela en 1984 [+]

-Xosé Luís Barreiro Rivas, conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia en 1984 [+]

17.45 h. Un exemplo de proxecto de planificación lingüística. O modelo Burela. Proxección do documental, presentación do proxecto e análise e debate sobre as posibilidades de traslado do modelo a outros concellos

-Bernardo Penabade, coordinador do proxecto de planificación lingüística de Burela [+]

18.30h. Conclusións e resumo humorístico da xornada narrado polo actor e monologuista Carlos Blanco [+]

PROMOVE: Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

ORGANIZA E XESTIONA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

Localización do Pazo de Mariñán


Visualizar o mapa ampliado
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio