III Encontro de equipos e de docentes pola normalización: a necesaria promoción da oralidade

A Coordinadora Galega de ENDL convida aos/ás coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no III Encontro de equipos e de docentes pola normalización, que terá lugar o sábado 2 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela

LUGAR

IES As Fontiñas. Santiago de Compostela

DATA

Sábado 2 de febreiro

INSCRICIÓN

De balde, previa confirmación en correo@coordinadoraendl.org

PROGRAMA

O falar non ten cancelas… ou si?

Sobre a necesaria promoción da oralidade en galego


10.30 h Reflexións sobre a importancia do ensino na comunicación oral

-Manuel Núñez Singala

11.30 h Pausa-café

12.00 h Primeira rolda simultánea de experiencias e proposta para os ENDL

>Ouro en boca, compro ouro. Celso Fernández Sanmartín

>Como traballar a oralidade en Educación Infantil. Dolores Oubiña

>O berro de lord Byron. Carlos Negro

>Lingua oral para docentes de lingua galega. Manuel Núñez Singala

>A oralidade desde o debate de competición: Parlamento Xove. Xan Guillén

>Os ilustrados falamos. Gracia Santorum

12.45 h Segunda rolda simultánea de experiencias e proposta para os ENDL

13.30 h Propostas do Consello Directiva da CGENDL

-Candidaturas ao premio Leixaprén

-Publicacións: Ollos de auga e A letra miúda

-Así foi o #recitandoCelsoEmilio

14.00 h Clausura

Información completa no web da CGENDL >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio