O número máximo de persoas participantes é de 25. A Universidade concederá 15 bolsas de estadía de 500 € brutos (suxeitos a un 24% de retención).
As solicitudes con toda a documentación enviaranse por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es ou ben por correo postal a:
Servizo de Normalización Lingüística
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
O prazo remata o 28 de maio de 2010.
Información completa no web do SNL da UdC >
III Curso de verán na Coruña de lingua e cultura para estranxeiros/as
O SNL da Universidade da Coruña convoca a terceira edición do Curso de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras, dirixido ao profesorado ou alumnado universitario de fóra de Galiza. O curso desenvolverase do 5 ao 30 de xullo e o prazo de inscrición remata o 28 de maio