Datas: 18 e 19 de decembro de 2009
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación da USC
Destinatarios/as: PDI, PAS e alumnado da Facultade de Ciencias da Educación (200 prazas)
Inscrición: Enviando a folla de inscrición antes do 11 de decembro de 2009 e mais a fotocopia do carné de estudante á Secretaría Administrativa da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Norte.
Máis información, programa e inscrición, aquí.
II Xornadas “Os recursos educativos en galego”. Educación primaria
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela organiza as II Xornadas "Os recursos educativos en galego", que terán lugar os días 18 e 19 de decembro de 2009, co obxectivo principal de dar a coñecer e impulsar a difusión dos recursos educativos existentes en galego para a educación primaria.