II Xornadas de Normalización Lingüística no ensino
A CIG-Ensino, a AS-PG e A Mesa pola Normalización Lingüística organizan o vindeiro 23 de xaneiro, por videconferencia, as II Xornadas de Normalización Lingüística. Debate e reflexión sobre a lingua no ensino.
As II Xornadas de Normalización Lingüística. Debate e reflexión sobre a lingua no ensino teñen os seguintes obxectivos e contidos:
Obxectivos
1. Revisar distintas propostas de tratamento de linguas en situación de linguas en contacto
2. Reflexionar sobre a situación actual da lingua galega no ensino e do seu marco teórico
3. Facer propostas de mellora para impulsar o uso progresivo da lingua galega
Contidos
– A situación da lingua galega en diferentes contextos
– Distintas actuacións para o tratamento da lingua galega no ensino dentro do marco da lexislación actual
– Propostas para a progresiva normalización da lingua galega
– Experiencias de normalización lingüística nos centros educativos
Esta actividade formativa terá lugar por videconferencia o sábado 23 de xaneiro, en sesións de mañá e tarde:
Sesión de mañá
10:00-12:30 h: LOMLOE e as linguas de aprendizaxe, debate entre:
– Sandra Vázquez Domínguez (PP)
– Mercedes Queixas Zas (BNG)
– Noa Díaz Varela (PSdG-PSOE)
13:00: presentación das Bases para a normalización do ensino en Galiza
Sesión de tarde
16:00: Temos lingua, temos dereitos, Elsa Quintas Alborés, A Mesa pola Normalización Lingüística
17:00: Galeguiza-T e Colectivo Xa: plataformas para a normalización lingüística do estudantado, Alberte Pombo, docente
18:00: A radio como axente normalizador. Tecendo redes de colaboración, Manolo Maseda, docente
19:00: A Liña do Galego, unha ferramenta para garantir os nosos dereitos lingüísticos, Sara Seco Rial, técnica de A Liña do Galego
A inscrición é gratuíta e realízase nesta ligazón.
Máis información no web de CIG-Ensino.