Esta é a segunda edición dunha mostra plurilingüe, que se celebrou por primeira vez o ano pasado, aproveitando a conmemoración do día 23 de abril, Día do Libro. O obxectivo é achegar á cidadanía libros, xornais e revistas en espazos pouco habituais como parques e prazas e, asemade, divulgar a riqueza cultural e lingüística do contorno. Para cumprir con este fin a mostra achegará libros en distintos idiomas da Península Ibérica, como o galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro e asturiano.
PROGRAMACIÓN
Expositor de libros ambulante
19 e 20 de abril de 2010, de 17 a 20:30 horas
Lugar: Alameda de Chapela
21, 22 e 23 de abril de 2010, de 17 a 20:30 horas
Lugar: Soportais do Concello de Redondela
Conferencia
21 de abril de 2010, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.
Mª Xosé Queizán: “O galego: orixe do portugués”
Expositor de libros permanente
Do 26 ao 30 de abril de 2010
Horario: de 9 a 14, e de 16 a 21 horas
Lugar: entrada do Multiusos da Xunqueira
As Concellarías de Normalización Lingüística e Cultura do Concello de Redondela colaboran neste proxecto de divulgación do libro e das linguas, que conta tamén coa colaboración de organismos e institucións de diferentes comunidades, como o Instituto Camões de Vigo, o Servizo de promoción do éuscaro do Concello de Donostia, a Dirección de Promoción do Éuscaro do Goberno Vasco, a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, e a Academia de la Llingua Asturiana
II Semana do Libro: a Festa das Palabras en Redondela
O Servizo de Normalización Lingüística, a Axencia de lectura de Chapela e a Biblioteca Pública de Redondela organizan a II Semana do Libro: a Festa das Palabras