II Festa da narración oral de Galiza

Festa e formación arredor da oralidade daranse cita na II Festa da narración oral de Galiza que terá lugar en Arca, O Pino o 5 de xullo de 2008. Alí daranse cita contadores e contadoras como Paula Carballeira, Cándido Pazó, Quico Cadaval, Eva Varela, Carlos Santiago, Celso Sanmartín ou Róber Bodegas.

A iniciativa, organizada por Nova Escola Galega (NEG) e polo Colectivo Tatalo, ten como principal obxectivo promover a creación de espazos que faciliten o uso do galego oral e fomentar a reflexión sociolingüística sobre a arte de contar historias. Para iso, haberá sesións lúdicas e sesións formativas (II Xornadas sobre a oralidade para formadores/as).

Toda a información en www.contocho.eu.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio