II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), convoca para o 22 de outubro de 2008 o II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña.

[Programa completo en .pdf]

OBXECTIVOS DO ENCONTRO

  • Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística


  • Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego


  • Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local


  • Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións




TEMAS QUE SE TRATARÁN

  • A normalización lingüística desde as cidades


  • Convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia


  • Os perfís lingüísticos dos/as traballadores/as da administración


  • Experiencia concreta de acción conxunta: a coordinación entre os equipos de normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística




PARTICIPACIÓN

Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas dos concellos da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas…)

É necesario confirmar a asistencia até o 10 de outubro nos teléfonos 981 080 358 ou 981 080 300 extensión 4342.

DATA

22 de outubro de 2008

LUGAR

Pazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n, Bergondo).

PROGRAMA

10.00 h: Recepción de participantes.

10.30 h. A normalización lingüística nas cidades

Debate entre:

– Ermitas Valencia Romar, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

– Javier Galán Pérez, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol

– Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela

– Condutor: Anxo Quintela, xornalista da Radio Galega

12.00 h. Pausa e café compartido

12.30 h. Os perfís lingüísticos na administración local

-Alba Nogueira, profesora de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

13.30 h. Presentación do Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos SNL. Período 2009-2011

– Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

– Juán Bautista Suárez Ramos, interventor adxunto da Deputación da Coruña

14.30 h. Xantar conxunto

16.30 h. Experiencia concreta de acción conxunta: o SNL Terra de Melide. A coordinación entre os equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros de ensino e os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.

– Paco Veiga, docente IES de Melide

– Xesús Freire, técnico do SNL de Santiso

– Mercedas Queixas Zas, coordinadora territorial dos ENDL

18.00 h. Resumo humorístico da xornada narrado por Cándido Pazó

19.00 h. Conclusións do enconctro

ORGANIZA: Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

COLABORA E XESTIONA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio