Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
COLABORA E XESTIONA
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
PERSOAS DESTINATARIAS: Poden participar neste encontro alcaldes e alcaldesas; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña, entidades implicadas na normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas…).
Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística
Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego
Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local
Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións
TEMAS QUE SE TRATARÁN
A normalización lingüística desde as cidades.
Convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia.
Os perfís lingüísticos dos/as traballadores/as da administración.
Experiencia concreta de acción conxunta: a coordinación entre os equipos de normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística.
PROGRAMA [en .pdf]
10:00 h: Recepción de participantes.
10:30 h. A normalización lingüística nas cidades
Debate entre:
– Ermitas Valencia Romar, concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
– Javier Galán Pérez, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol
– Guadalupe Rodríguez Silva, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela
– Condutor: Anxo Quintela, xornalista da Radio Galega
12:00 h. Pausa e café compartido
12:30 h. Os perfís lingüísticos na administración local.
Alba Nogueira, profesora de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
13:30 h. Presentación do Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos SNL. Período 2009-2011
– Xoán Manuel Sande Muñiz, deputado de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
– Juán Bautista Suárez Ramos, interventor adxunto da Deputación da Coruña
14:30 h. Xantar conxunto
16:30 h. Experiencia concreta de acción conxunta: o SNL Terra de Melide. A coordinación entre os equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros de ensino e os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.
– Paco Veiga, docente IES de Melide.
– Xesñus Freire, técnico do SNL de Santos
– Mercedas Queixas Zas, coordinadora territorial dos EDNL.
18:00 h. Resumo humorístico da xornada narrado por Cándido Pazó.
19:00 h. Conclusións do enconctro