II Congreso internacional de Tradución e políticas editoriais

No Centro Social Caixanova de Vigo terá lugar o II Congreso internacional de Tradución e políticas editoriais do 15 ao 17 de outubro de 2008.

O congreso ten como obxectivos principais os de proporcionar un espazo de encontro para o estudo e a reflexión sobre a complexidade do fenómeno da tradución editorial, tanto dende a perspectiva do proceso coma do produto.

As sesións plenarias correrán a cargo dos/as axentes especialistas na materia, que tamén participarán en mesas de traballo onde se han pór en común as experiencias de xestión da política editorial dos diferentes ámbitos de Galiza e do Estado español, así como dos procedentes doutros espazos xeográficos.

Acéptanse comunicacións libres sobre os tres diferentes bloques temáticos:

1. Administración. Políticas de actuación. A tradución como ferramenta de normalización. Proxección exterior.

2. Asociación de editores/as e escritores/as. Impacto e cumprimento da lexislación na materia.

3. Colexios e asociacións profesionais de tradutores/as. Funcións e deontoloxía.

Aquelas persoas interesadas en participar deberán enviar unha proposta de comunicación na que figure o título e un resumo (30 liñas aproximadamente), xunto cun breve currículo, antes do 30 de maio 2008 a [trapo@uvigo.es]

Para máis información: http://webs.uvigo.es/trapo
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio