Exeria é unha aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso non sexista da linguaxe. Ademais, detecta unha serie de termos susceptíbeis dun uso sexista e propón diferentes suxestións e alternativas. O obxectivo principal é orientar na revisión da documentación para xerar discursos en que a linguaxe teña un carácter inclusivo.
A selección de termos está baseada nun uso actual da lingua apoiándose na análise de textos do ámbito da Administración. Unha das principais características desta nova ferramenta é partir dunha tecnoloxía aberta tanto no aspecto informático como lingüístico, o que achega un valor engadido.
O proxecto EXERIA consta dunha aplicación que se integra no OpenOffice.org e que funciona como un corrector ortográfico para permitir a interacción da ferramenta na elaboración de documentos. Existe tamén un buscador de termos que permite consultar as solucións ás dúbidas máis habituais e que está dispoñíbel no web http://www.exeria.net/.
A nova ferramenta inclúe un total de 129.282.184 palabras, repertorio de termos que irá sendo ampliado coas suxestións que fagan chegar as persoas usuarias a través da páxina do proxecto
.