Igualando a lingua. Concurso do Concello de Cee para axudar a comprender o significado de normalización lingüística

As reflexións que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega teñen premio en Cee. O seu SNL convoca o concurso "Igualando a lingua", dirixido a maiores de 18 anos. O prazo de presentación remata o 10 de maio

A Alcaldía do Concello de Cee, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), convoca o concurso “Igualando a lingua”, para obras que deberán reflectir, en forma de relato, carta, etc., aquelas reflexións ou pensamentos que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega e a importancia de acadar a igualdade entre linguas.

O concurso está dirixido a persoas maiores de 18 anos, e cada autor ou autora poderá presentar até tres traballos, cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Outorgarase un premio de 250 euros para o/a autor/a da mellor obra; outro de 150 euros para o/a finalista e un accésit, que consistirá nun lote de libros.

O prazo de presentación dos relatos rematará o 10 de maio de 2010

Bases completas da concurso “Igualando a lingua” >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio