Igualando a lingua. Concurso de relatos do Concello de Cee para reflexionar sobre a normalización

As reflexións que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega teñen premio en Cee. O seu SNL convoca o concurso "Igualando a lingua", dirixido a maiores de 18 anos. O prazo de presentación remata o 31 de marzo

O Concello de Cee, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), convoca unha nova edición do concurso “Igualando a lingua”, para obras que deberán reflectir, en forma de relato curto, aquelas reflexións ou pensamentos que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega e a importancia de acadar a igualdade entre linguas.

O concurso está dirixido a persoas maiores de 18 anos, e cada autor ou autora poderá presentar un único relato de entre unha e cinco páxinas.

Outorgarase tres premios, de 150 €, 100 € e 50 € cada un.

O prazo de presentación dos relatos rematará o 31 de marzo de 2014.

Bases completas da concurso “Igualando a lingua 2014” (.pdf)>
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio