I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan, o 14 de novembro de 2022, a I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 10 de novembro.

A I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores para promover e difundir a investigación sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Os traballos que se presentan nesta primeira edición abordan distintas cuestións empíricas, metodolóxicas e teóricas do estudo da variación e do cambio.

DATA E LUGAR

Esta xornada terá lugar o 14 de novembro de 2022 no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta e debe realizarse a través deste formulario até o día 10 de novembro.

A aquelas persoas que asistan ao 85% da xornada entregaráselles un certificado de participación.

PROGRAMA

9:00-10:00: recepción e inauguración

10:00-10:30: Alba Aguete Cajiao (Universidad de Salamanca), Efectos da variación fonética no cambio lingüístico

10:30-11:00: Helena Rebelo (UMa/CLLC, Universidade de Aveiro),

Observação da variação lexical através de fenómenos fonéticos

11:00-11:30: Paulo Osório (UBI/LabCom/CLLC, Universidade de Aveiro), O Tempo e a Variação Histórica do Português – Para uma Análise de Alguns Fenómenos Linguísticos

11:30-12:00: Clara Lago Caamaño (ILG, Universidade de Santiago de Compostela), Cambio no léxico dispoñible do galego: os alimentos do mar

12:00: pausa café

12:30-13:30: conferencia de Maria Antónia Mota (FLUL / CLUL, Universidade de Lisboa): O português são quantos?

Xantar

15:30-16:00: Alberto Gómez Bautista (ISCAL/CLLC, Universidade de Aveiro), Variação e mudança linguística na fronteira hispano-portuguesa: os nomes dos dedos da mão

16:00-16:30: David Rodríguez Lorenzo (ILG, Universidade de Santiago de Compostela), Variación e cambio lingüístico en tempo real: algunhas variables léxicas do galego

16:30-17:00: Tamara Flores Pérez (UA/CLLC, Universidade de Aveiro),

Os castellanismus no val de Xálima: tipologia dos préstamus i variablis sociolingüísticas

17:00-17:30: Montserrat Recalde & María Victoria Vázquez Rozas (Universidade de Santiago de Compostela), Estereotipos sociolingüísticos sobre as variedades rexionais do español

17:30: pausa café

18:00-19:00: conferencia de Gonzalo Águila Escobar (Universidad de Granada): De sostenes, curianas y chícharos: vitalidad léxica en la Alpujarra de Granada a través del proyecto VITALEX

I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico está organizada polo grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e polo Centro de Línguas, Literaturas e Culturas (CLLC) da Universidade de Aveiro.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio