I Xeira de normalización lingüística. Martes 13 de outubro en Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan a I Xeira de normalización lingüística, unha xornada informativa na que participan representantes de Queremos Galego, Prolingua, Convers-ando e Galego, patrimonio da humanidade
O acto ten lugar este martes 13 de outubro ás 20.00 h no auditorio Fernando Carreras de Vigo (antiga Reitoría, no Areal 46).