I Seminario de Planificación Lingüística

Os días 3 e 4 de decembro desenvolverase o I Seminario de Planificación Lingüística, organizado polo Consello da Cultura Galega, desde o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG).

A este seminario foron convidadas arredor de 100 persoas, entre académicos/as, políticos/as, expertos/as e xestores/as galegos/as e non galegos/as para avaliar as políticas lingüísticas do Estado e obter ditames e recomendacións en materia de planificación lingüística.

Estrutúrase en dúas xornadas, unha dedicada á política lingüística no ensino e outra á política lingüística xeral de estado.

Na xornada do luns 3, a dedicada ao ensino, Ignasi Vila e Bieito Silva avaliarán o novo modelo de ensino en Galiza. Representantes de diversas entidades (Consello Escolar, NEG, CONFAPA, FERECECA e A Mesa) debaterán sobre o decreto do uso do galego no ensino; analizaranse os modelos educativos bilingües no estado por parte de representantes de Euskadi, Illes Balears, Valencia e Galiza; e a conselleira de Educación galega, Laura Sánchez Piñón, falará sobre o modelo lingüístico educativo no noso país.

Na xornada do martes 4, dedicada ás políticas lingüísticas en España, Ángel López García-Molíns (da Universidade de Valencia), analizará a política lingüística do Estado español, da monoglosia á diversidade. O subdirector académico do Instituto Cervantes, Castro Fernández; o ex-director xeral de Cooperación Autonómica, José María Vidal; e a secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López, falarán sobre o impulso ás linguas cooficiais desde o Estado. E para rematar, Josep Bargalló, do Institut Ramón Llull; Benjamín Tejerina, da Universidade do País Vasco; Alba Nogueira, da USC; e Francisco Moreno, da Universidade de Alcalá de Heneres, debaterán sobre a necesidade dunha política lingüística de Estado.

O programa completo pódese consultar aquí (en .pdf).
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio