Este seminario está dirixido ás representantes e aos representantes técnicos das entidades adheridas a esta Rede da Xunta, que son desde técnicos/as de normalización lingüística, até administrativos/as, técnicos/as de deportes, técnicos/as de cultura, etc.
DÍA: venres 16 de decembro
LUGAR: Escola Galega de Administración Pública. Santiago de Compostela
HORARIO: de 9.30 h a 14.30 h
PROGRAMA
9.30 h PRESENTACIÓN, a cargo dos dous responsábeis desta Rede: Anxo Lorenzo (presidente) e Valentín García (coordinador)
9.45 h A planificación lingüística desde as entidades locais. Xaime Subiela
10.45 h Materiais de referencia para a dinamización lingüística no eido local. Susana Mayo
11.30 h Descanso
11.50 h A dinamización lingüística desde a planificación global á aplicación específica. Josep Planas
12.50 h Ferramentas tecnolóxicas para o traballo colaborativo en dinamización lingüística. Tagen Ata Lingua e Comunicación
14.30 h Remate
Info completa en .pdf >
I Seminario de formación permanente da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta organiza o I Seminario de formación permanente da súa Rede de Dinamización Lingüística. Terá lugar o 16 de decembro en Santiago de Compostela