Deputación da Coruña
Unidade Técnica de Normalización Lingüística
Colabora e xestiona:
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
PRESENTACIÓN DO ENCONTRO [En .pdf, aquí]
A normalización lingüística é un proceso social de cambio que, para que sexa real, debe ser protagonizado pola propia sociedade, mais as administracións públicas teñen a obriga e responsabilidade de promover e apoiar ese proceso. Para iso, as administracións deben implementar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais. E para que estas políticas lingüísticas sexan máis eficaces, deben desenvolverse de xeito planificado e coordinado.
Con este I Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña procúrase pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística; debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego; dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local; e deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións.
Para isto, debaterase sobre a responsabilidade das administracións locais en normalización lingüística; analizarase a necesidade de aprobación de regulamentos/ordenanzas de uso do galego e de impulso para a normalización lingüística e veranse distintos contidos e modelos; presentaranse liñas de axuda para a creación de servizos de normalización lingüística (SNL) municipais e falarase sobre a súa creación, funcións, estatus, etc.; e tamén se presentarán modelos e accións concretas para a normalización desde as entidades locais e a coordinación entre as administracións.
Trátase, polo tanto, dunha primeira toma de contacto cos/coas responsábeis municipais (alcaldes/alcaldesas e responsábeis de normalización lingüística) desde a Deputación da Coruña para principiar unha dinámica de sensibilización conducente a propiciar a coordinación e a creación de rede entre concellos para a normalización lingüística.
OBXECTIVOS DO ENCONTRO
Pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais da Coruña para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións en materia de normalización lingüística
Debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego
Dar a coñecer entre os/as distintos/as responsábeis políticos/as propostas de acción e coordinación para a promoción social do uso da lingua galega desde a administración local
Deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións
TEMAS QUE SE TRATARÁN
Responsabilidade das administracións locais en normalización lingüística
Necesidade de aprobación, contidos e modelos de regulamentos/ordenanzas de uso do galego e de impulso para a normalización lingüística na administración local
Creación/impulso, financiamento, funcións e estatus de servizos de normalización lingüística (SNL) municipais
Propostas de accións concretas para a normalización desde as entidades locais e coordinación entre administracións
PARTICIPACIÓN
Mediante convite a: alcaldes e alcaldesas da Coruña; responsábeis políticos/as municipais da área de política lingüística; técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da Coruña; entidades implicadas en normalización lingüística (institucións, asociacións, empresas, etc.).
É necesario confirmar a asistencia no teléfono 981 183 300 (ext. 4341) ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es.
DATA
Mércores 28 de novembro de 2007
LUGAR
Pazo de Mariñán (Lugar de Mariñán s/n. Bergondo)
PROGRAMA [En .pdf, aquí]
10.30 h: Inauguración do encontro
11.00 h: A responsabilidade das administracións locais en normalización lingüística
Debate entre:
-Carlos López Crespo (alcalde de Outes)
-Evencio Ferrero Rodríguez (alcalde de Carballo)
-Iván Puentes Rivera (alcalde de Fene)
Condutora: Belén Regueira (xornalista)
12.15 h: Pausa café
12:45 h: Obradoiros prácticos simultáneos
-Xoán Manuel Sande Muñiz (deputado provincial responsábel de Normalización Lingüística)
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Como elaborar/aprobar unha ordenanza/regulamento municipal de usos lingüísticos
-Alba Nogueira López (profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela)
14.00 h: Xantar conxunto
16.30 h: Experiencia de acción conxunta: A campaña de dinamización lingüística na hostalaría de Ames, Rois e Brión
-Rosa Moreiras (técnica de normalización lingüística do Concello de Ames)
-Olga Patiño Abeixón (técnica da campaña)
-Begoña Gómez Barreiro (hostaleira de Ames e Brión)
17.15 h: Pausa
17.30 h: Cara a un novo modelo de coordinación: o Consorcio de Planificación Lingüística
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
18.15 h: Actuación de Quico Cadaval
19.00 h: Conclusións do encontro e clausura
ORGANIZA
Deputación da Coruña, desde a Área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística e a Unidade Técnica de Normalización Lingüística, coa colaboración e xestión da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).
Para máis información podes dirixirte ao enderezo electrónico: normalizacion.linguistica@dicoruna.es ou ao teléfono 981 183 300 (ext. 4341).
Información sobre a presentación do encontro, aquí.