I Certame GaleTikTokers

O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Mocidade do Concello de Ames convocan o I Certame #GaleTikTokers, co obxectivo de estimular a creatividade e fomentar a creación de vídeos en galego entre a mocidade. Está dirixido a mozas e mozos a partir de 14 anos. O prazo de inscrición finaliza o 30 de novembro.



O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Mocidade, organiza un concurso dirixido a todas as mozas e mozos amesáns a partir dos 14 anos. Trátase do I Certame GaleTiktokers, un proxecto que pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.

Poderase participar de forma individual ou por parellas, e establécense dúas categorías en función da idade. Na primeira categoría entrarán rapazas e rapaces de 14 a 16 anos, ambas as dúas idades incluídas; na segunda, incluiranse mozas e mozos a partir de 17 anos.

Características e condicións dos vídeos

Os vídeos que se creen para este certame teñen que estar en lingua galega e deben ser de creación propia, a través da aplicación TikTok. Será obrigatorio que a lingua teña presenza, xa sexa de xeito oral, escrito ou musical. As pezas, de temática libre, deben ter unha duración comprendida entre 15 e 60 segundos.

Non se admitirán vídeos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva. Poderanse crear pezas audiovisuais relacionadas coa música, o humor, o baile, a interpretación, os efectos especiais, o deporte etc.

Prazo e procedemento de inscrición

Para inscribise no certame GaleTiktokers deberase enviar ao enderezo electrónico galetiktokers@gmail.com un correo electrónico onde se anexe:

– a ficha de participación cuberta, asinada (no caso de menores de idade asinarán os/as representantes legais) e acompañada dos documentos requiridos nela;

– o vídeo con que se participa no certame.

A organización comprobará que se cumpren os requisitos e validará a inscrición a través dun correo de confirmación.

O prazo de inscrición remata o 30 de novembro de 2020.

Premios

As bases do certame establecen catro premios de 150 euros, dous en cada categoría: premio do público e premio do xurado.

Os premios do público levaranos as pezas que obteñan máis “gústame” no perfil de Instagram @omixames en cada unha das categorías.

O resto dos premios decidiraos o xurado que valorará os vídeos, tanto na forma como no contido, tendo en conta aspectos como a orixinalidade, a creatividade, a claridade e a calidade lingüística. Nesta primeira edición, o xurado estará composto por Esther Estévez (#Digochoeu da CRTVG), Miguel Silva (Aquel-e) e Mario Brión (Olaxonmario).

Máis información e bases no web do Concello de Ames

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio