I Certame de relatos curtos “Amigos para sempre”

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) convoca o I Certame de relatos curtos “Amigos para sempre”, co que se pretende contribuír á transmisión entre a mocidade de valores de respecto ao medio e aos animais.



Poderá participar calquera persoa con idade comprendida entre 12 e 17 anos e as narracións deberán estar redactadas en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG o 12 de xullo de 2003)

Os traballos deberán remitirse antes do 20 de decembro á Área de Medio Ambiente do CXG, indicando no sobre a referencia: Certame Relatos, ao seguinte enderezo:

Consello da Xuventude de Galicia

Praza de Santo Antonio, 25, 1º

15702 Santiago de Compostela

Para calquera información pódese contactar con info@cxg.org, coa referencia: Certame Relatos, Área Medio Ambiente, ou ben por teléfono: 981 569 560 ou consultar as bases.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio