Hoxe, entre as 16 e as 17 horas, twittea coa etiqueta #galega

Radiodifusión quere conmemorar o primeiro discurso político pronunciado en galego por Lugrís Freire cunha acción colectiva na rede: procurarase conseguir que a etiqueta #galega sexa das máis empregadas e apareza na portada do rede social Twitter

Deste xeito, convídase a todas as persoas usuarias do Twitter que envíen, entre as 16 e as 17 horas do día 6 de outubro cantos máis comentarios poidan coa etiqueta #galega.

Segundo os cálculos que realizaron en Radiofusión, sería suficiente con que 500 persoas lograran enviar uns 1.200 “chios” ou comentarios coa etiqueta #galega. Se tes unha conta de Twitter, tes hoxe unha cita entre as 16 e 17 co galego.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio