Gústame…, o Culturgal! Deste venres 30 ao domingo 2, en Pontevedra

Música de todos os estilos, literatura para todos os gustos, variado audiovisual, artes escénicas para todos os públicos, deseño, novas tecnoloxías, comunicación... e lingua! A creación galega amósase en Culturgal, a feira das industrias culturais que ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do venres 30 ao domingo 2 de decembro, e na que desde a CTNL teremos unha sorpresiña e comezaremos unha nova acción...

Gústame…, a creación en galego! A ti tamén? Pois non podes faltar ao Culturgal!

Desde este venres 30, e durante tres días, o Pazo da Cultura de Pontevedra estará cheo de ideas, de proxectos, de propostas, de accións…

Se che gusta a música, alí tela en galego de todos os estilos. As novas tendencias da comunicación ou do deseño amosaranse en Culturgal. O melloriño da literatura, e das artes escénicas, e o audiovisual. A cultura que facemos en galego, toda xuntiña, e ao teu dispor!

Serán 70 entidades amosando as súas propostas e proxectos e máis de 140 actividades nun non parar de venres a domingo, e de balde!

E alí estará a CTNL, cunha sorpresiña… O inicio dunha acción que agardemos que che guste… Non podes deixar de vir, eh!?

-Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra

-Horario: de 11.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.30 h.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio