Guía rápida de lingua galega para triatletas, en Pontevedra

O Concello de Pontevedra puxo en marcha unha web coa que aprender a pronunciar as frases esenciais na nosa lingua, pensada para que se sintan máis cómodos/as os/as triatletas que participarán na Copa de Europa que terá lugar o 12 de xuño na cidade do Lérez

Unha pequena grande iniciativa abre novas portas ao galego, neste caso en forma de guía básica para os e as triatletas que van participar na Copa de Europa do 12 de xuño en Pontevedra. Nela explícase en 18 idiomas o que é a lingua galega e convídase a usala aproveitando a visita, para o que facilita frases esenciais en distintas áreas, acompañadas da tradución ao inglés e mais de audio.

Accesíbel desde o móbil e desde os novos dispositivos de acceso á internet, como é o caso do ipad, pode ser unha recomendación excelente para quen veña visitar o noso país e queira coñecer algo máis cás praias.

O galego, parte de ti: http://triatlon.pontevedra.eu/lingua
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio